domingo, 24 de abril de 2016

Igual de mal...

O ano 2050, é un ano de guerra, pero ainda así as organizacións que quedan activas, organizan actos para dar un  pouco de normalidade á situación. Na plaza do obradoiro, centro da irreductible cidade de Santiago, celebrase un acto do Consello de Igualdade das Nacións Unidas, das poucas que quedan.

                                                                          .....................

-Filla, algún día todo ha cambiar xa veras. Algun día as mulleres xa non seremos noticia semanal nos telediarios. Algun día non habera unha gran muller detras de cada gran home, senon ao seu caron. Algún día todos os homes serán homes e non monstruos. Algun día habemos cobrar o mesmo polo mesmo traballo. Algun día...
-Que si abuela que si, que ya te entendí, no hace falta que estes siempre con lo mismo, acaba de hacerme la coleta porfa.
-Acabo meniña, acabo, so eran contos de vellas...

Esa foi a última conversa coa miña avoa antes de que morrese. Cando eu volvín da escola xa lle dera o infarto. A día de hoxe aínda sento rencor cara a Alicia daquel 20 de novembro de 2015. Como puiden ser tan estupida, deixar pasar as derradeiras palabras da persoa que mais quixen no mundo,así, coma se nada.

É por iso que hoxe, o día 19 de marzo de 2050, neste simbólico acto de clausuración do día da muller traballadora, quería adicarlle unhas palabras á miña avoa Valentina, ala onde esté.

(aplausos)

Avoa, dedicoche estas palabras para que saibas que o que ti decías non eran contos de vellas, o que ti decias era verdade, é verdade. Hoxe cumplense 20 anos dende o derradeiro asasinato por violencia de xénero en Europa. Ainda queda camiño que percorrer no mundo, para que todas as mulleres cheguen a onde estamos nós, pero aquí, moitas das cousas que ti me dicías, xa se cumpriron. Xa non morren mulleres polo feito de ser mulleres, xa non se elixen traballadores segundo o sexo, senón segundo a preparación, xa non hay xoguetes de nenas e de nenos, xa non se di "as mulleres primeiro", xa non vamos detrás dos grandes homes, hagora somos grandes mulleres. Por fin, despois de séculos de loita, somos iguais!

(aplausos)

É por iso que clausuramos este día internacional da muller traballadora, porque agora xa non ten cabida, xa non é mais que un elemento diferenciador, que ao fin e ao cabo, é o que queriamos eliminar. Compre tamen dar as gracias a todas esas persoas que loitaron pola igualdade, e especialmente ás que loitan por recuperala nos lugares que domina o Califato, e que por razóns obvias non poden estar aquí. 

(aplausos)

Sen mais dilación imos proceder á entrega dunha placa a persoeiros significantes deste ambito, a modo de agradecemento de mulleres e homes por facer unha sociedade mellor:

Malala Yousafzai. Por ser simbolo vivinte da igualdade dentro de oriente medio e no mundo islámico.

(aplausos)

María Alessia Bianchi ou María I. Por conseguir a igualdade dentro da Igresia Católica.

(aplausos)

Hiroshi Nacatame. Pola súa labor á fronte do Consello de Igualdade dende a súa creación no ano 2025 ata fai escasamente 6 anos.

(aplausos)
                                                                                ............

Por último, quero facer unha petición a aquelas mulleres que loitan día a día neses lugares onde a razón foi arrebatada. Por favor, non cometades os mesmos erros que cometemos nos ao principio. Non entorpezades a linguaxe evitando nomenclaturas masculinas, porque a palabra non é machista, machista é quen di a palabra. Non usedes o voso corpo para protestar, porque vos sodes moito mais que un corpo. Non xeneralicedes as críticas cara os homes porque os que vos oprimen e discriminan non son homes, son demos. Facedeme caso, pois a unica forma de solucionar este problema é con esforzo, educación e sobre todo non creendose superior por ser muller, sabendose IGUAL.

(aplausos)

Despedimos así a la ex secretaria general de la ONU, Alicia Hermida, actual directora del Consejo de Igualdad.

(aplausos)

Recordamos a todos los presentes que el toque de queda está impuesto a las ocho, y que la salida a partir de esa hora será motivo...







luns, 11 de abril de 2016

Un mundo novo...

Corre o ano 2050, o autodenominado Estado Islamico, fixose co control total do continente africano trala súa unificación co grupo terrorista Boko Haram e grazas á complicidade dos corruptos gobernantes. Oriente medio tardou un pouco mais en caer pero unha vez caida Arabia Saudita, o seu avance asiatico foi imparable, chegando a situarse ás portas de Nova Deli, sobre a cal actualmente manteñen un asedio que ameaza con rematar cedo. A falta de consenso entre os paises membros ,propiciou a descomposición da UE e da OTAN, tan so USA( representando á Confederación Americana creada no ano 2027 tralo atentado de Lima)Australia, España, Francia, Portugal, Canada, Irlanda, Bélxica e Italia continuan no tratado do atlántico norte. O ascenso de grupos nacionalistas en Inglaterra e a chegada ao poder de partidos neonazis en Grecia, Alemaña e Austria, provocou un retorno a politicas migratorias restrictivas, asi como a instauración dos guetos para a acollida da poboación muslmana, mentres non era deportada a Turquía. O país Otomano encontrase nunha situación de anarquía, os continuados ataques do ISIS dende Oriente Medio e a chegada masiva de poboación ás súas costas ameaza con colapasar o sistema.
En Asia, a recen formada Liga asiatica, loita por frear o avance islamista polo leste e esforzase por controlar as incursións norcoreanas na China, logo de ocupar Corea do Sur e chegar a realizar un bombardeo con misis de curto alcance á cidade xaponesa de Kyoto.
Por outra banda Rusia viuse obrigada a decretar a deserción forzosa de Siberia, coa intencior de reducir a  zoa de defensa unicamente á Rusia occidental, construíndo un muro partindo dos Urales  en liña recta cara o leste, e pechando tamén a fronteira con Ukraina, Bielorrusia, Estonia, Letonia e Finlandia. Os paises nordicos fundaron un sistema de axuda mutua coñecido como o Pacto de Oslo. As guerras entre o 4º Reich ( creado en 2043, aglutina xa Alemaña, Polonia, Austria, Checoslovaquia, Suiza, Luxemburgo e Atenas ) e Rusia azotan os Balcanes para extender sobre eles a súa influencia, e Grecia vese reducida unicamente á cidade de Atenas, convertida nunha cidadela fortificada que da acollida a 2 millóns de gregos. En Italia, a maioria da poboación conseguiu escapar cara o norte, cando o ISIS desembarcou en Napoles, o exercito italo-estadounidense logrou contelos ata o momento na cidade napolitana pero como medida cautelar a Papesa María I  foi evacuada do Vaticano xunto co patrimonio cultural da Igrexa. A España foi un dos primeiros sitios onde chegaron, a política de desmilitarización levada a cabo no mandato de Podemos, deixou indefensa a península, que pronto se viu reducida a unha Galicia fortificada que extendia a súa influencia sobre  Oviedo, Leon  e un chisco de Portugal. Os Pirineos serven de barreira natural ao país galo, que baixo o mandato da Fronte Nacional, decretou a expulsión masiva das persoas musulmanas, en especial homes e mulleres, ofrecendo centros de acollida aos nenos que quixesen quedar.
Polo de agora, e trala caida da barreira defensiva australiana coñecida como Barreira de Coral, América é o unico lugar do mundo todavía incorrupto  dominado polos EEUU que manteñen a orde baixo a lei marcial. Internet esta proibido para o uso civil.Se hai unha palabra que defina o mundo esa é caos.
Mapa político mundo 2050
Mapa de España 2050
Bandera del 4º Reich que integra los simbolos de las principales naciones que lo conforman

Nese panorama desesenvolvese a seguinte historia. En Santiago, capital da España resistente aos ataques islámicos, descansa o noso protagonista, Lucas Perez, ministro de asuntos exteriores en dúas ocasións , durante o segundo bipartito PSOE-Ciudadanos(2024-2028) e durante a chamada Fronte Constitúinte( 2032-2036) para derrocar ó goberno de Podemos. Tralo fortalecemento definitivo do ISIS en 2039, abadoa a política para cumprir o servicio militar dende a base. Chega a sarxento en 2045, xusto un ano antes de que se producise a caida da cadea mandos, que deixou practicamente invalida a xerarquia imperante ate enton. A partir dese momento foron os cargos de maior popularidade entre os soldados os que acolleron a maioria do poder, tocandolle dirixir a el toda Galicia, e recibindo ordes únicamente do capital Echevarría e do coronel Cortarzar, así como da raiña Leonor I, que foi coroada no ano 2046 tralo asesinato de Felipe VI, asi como da maioria dos parlamentarios, mentres o monarca comparecía para tratar o tema da independecia de Cataluña e logo dun bombardeo sorpresa de Madrid.

                                                                ººººººººººººººººººººººººººº        

Era unha noite incomprensiblemente fría, pois dende facía case vinte anos as mínimas non baixaban dos 15 Cº. Lucas buscaba por toda a casa o termostato mentres discutia cos seus mellores amigos no exercito, Patxi Zumalacarregui e Albert Adriá.O piso era propiedade do estado, e tan so estaban ahí de paso mentres esperaban as novas de mans do coronel Arturo Cortazar, máximo mando en territorio español, quen chegaba á capital despois de gañar o sitio de Oviedo.

-Non o podo creer...Como chegamos a esta situación?Como pode ser que vaian  tirar as bombas. E que acaso non teñen corazon?Van rematar co mundo...

-Deja de pensar así hostia, la cosas son como son y por mucho que te quejes no van a mejorar.Deberias dar gracias por seguir vivo, kabenzotz.

-Mira xa sei como sodes os vascos de frios, Patxi ,pero eu preciso de me expresar, e seguro que Albert tamén o pensa así.

-Bueno Lucas ya se que a ti te toca muy de cerca pero la verdad es que no hay que pensar tanto en eso, sino no podriamos seguir viviendo.

-Pensade o queirades pero a miña familia esta ahí fora, e igual ca min moitas outras persoas asi que non concivo como poden ter ese sangue frío os cabróns dos yankies.

-Hay que hacer sacrificios, como hemos echo todos hostia que pareces un umea!

-Vai á merda Patxi, estou ata os collos da túa actitude, parece que non foses unha persoa.

-Soy una persona, pero a diferencia de ti, se priorizar, y ganar la guerra es mas importante que cualquier otra cosa hostia.

-Rápido, venir y dejaus de discusiones que ya ha llegau el coronel Cortazar, y trae supervivientes.

- Si capitan!

Rapidamente ambolos sairon da casa escopetados, como se fose cuestión de vida ou morte, e é que na gurra un nunca sabe o que pode pasar. A porta quedou aberta pero non importaba, xa que o toque de queda xa comezara hai dúas horas.

En cuestión de quince minutos estaban plantados diante do coronel, mentres o resto de soldados axudaba a reubicar aos recén chegados dentro dos poucos pisos libres que quedaban ou a levar os feridos cara o hospital mais cercano.
                                                                 
-Boas tardes coronel espero que xa solucionasen os seus problemas na fronte de Oviedo e que polo menos vostede traiga boas novas.

-Pues no se crea usted don Lucas, nos las hemos visto perras para aguantar el cerco, a este paso no alcanzaremos Santander hasta Navidad, y la tropa no tiene suficiente moral, esto se nos va de las manos.

-Non diga iso coronel, se alguen pode con eses cabróns é vostede.

-No se crea, no sabe lo dificil que es combatirlos, tienen un excelente sentido de la estrategia, por no hablar de la disciplina, han asimilado de tal forma los daños colaterales que les da igual sacrificar dos soldados que veinte, con tal de conseguir los objetivos.

-E Alemaña que di?

-Que va a decir, si ahora esta contra todos, desde que instauraron el malito 4º Reich andan a palos con todo el mundo, los nordicos no dan a basto, estan a punto de dejar caer Holanda, y entre ellos y los rusos van a armar una que valga por dos en los Balcanes, la batalla de Bucarest fué una masacre.

-Todo iso ven dese maldito orguio patrio que non saben controlar,e o seu presidente, ese tal Kroos é un copia barata de Hittler, pensa que os alemans bastanse por eles solos para rexeitar os ataques do Califato. Que equivocados estan...

-Bueno nosotros a lo nuestro, he venido a pedirle un favor.Necesito el consentimiento del gobierno para llevar a cabo una incursión en Portugal, creo que podemos rearmar a la resistencia lusa, y eso nos daria un nuevo foco de rebelión del que servirnos como distracción.

-E que quere que faiga eu, somente son un sarxento do exercito.

-Pero yo se que usted tenía contactos antes de alistarse, uselos.

-...

-Es una orden sargento!

-Si señor!

 Lucas recurrirriu aos poucos contactos que lle quedaban vivos da sáa etapa como ministro e conseguíu un permiso de última hora que permitía una incursión relámpago en Portugal. Sería a través das pontes do Miño. Abrirían a ponte de Ourense para eles durante 24 horas, se pasado ese tempo non estaban de volta daríaselles como perdidos e pecharían porta. Mantela aberta supuña unha grabe fisura na liña defensiva.                                                    

-Hay va la hostia Lucas ,es la tercera vez que me das con la puta mochila, kabenztoz!

-Cala e non sexas tan exaxerado, que non pareces de Bilbao.

-Hay mi Bilbao, cuando pienso lo que deben de estar haciendo esos salvajes...

-Xa, xa pois non penses tanto en Bilbao e atende á misión.Cabo!

Ante a chamada do sarxento, un dos soldados que camiñaban en fila rompeu a formación e dirixiuse a paso lixeiro cara Lucas.

-Zi,zeñor!

-Vai por deus, e tocame o andaluz. Colla ao soldado Robledo e ao soldado Oubiña e rodeen o campamento, asegurense de que non haiba ninguen.Rápido!

-Zi, zeñor!

-Patxi, conecta co outro lado do río e dilles que teñan aberta a porta e a ponte un hora mais por se acaso, non vaia ser que os portugueses nola esten xogando.

-Ahora mismo.

-Merda de cambio climatico, 29º en pleno xaneiro... Cando era novo esto non pasaba.

 Logo duns vinte minutos de inspección e  tras asegurarse de teren todo preparado para unha retirada forzosa, o comboi retomou a marcha e logo de 5 mín de camiñata polo monte chegaron ao campamento da Resisteça. Estaban esperando na entrada un grupo de 10 homes, cun mais baixiño e malencarado á fronte.                                                            

-Bos días e que viva a Resistença!

-Si que viva, que viva. O coronel Moutinho supoño?

-Muito gusto.

-Igualmente... Pero se puidesemos falar do noso canto antes, mellor.

-Venha por aqui.

-Patxi comigo o resto descansen.

Seguiron ao coroel por un entramado de tendas e entradas pechadas cara uns tuneis subterraneos, ata chegar ó que parecía ser unha coba pero no interior resultou ser un centro de operacios bastante ben equipado. Dous soldados portugueses adecentaron rápidamente unha mesa e catro taburetes.

-Disque precisan vostedes de apoio militar. En nome da OTAN estamos dispostos a ofrecerlle armamento e veiculos, asi como oficiais que axuden na formación dos soldados, pero a cambio precisamos estar seguros de que chegado o momento non se botaran atrás.

-Mais que teriamos que façer exactamente?

-É sinxelo. Trataríase dunha manobra de distracción, un ataque disuasorio.

-A esta bem, penso que o poderiamos façer.

-Eso espero.

-Esté tranquilo, nós cumprimos as nosas promessas, cando precisen da nossa axuda, a teran.

-É un pracer poder chegar a un trato con vostede, recibira novas dende Santiago, deixamoslle unha radio para se comunicar con nosco.

-Obrigados.

BUM!!!!!!

-Merda que foi iso?!

-Noz atacan zarguento!

-Manteñan a posición mentres nos retiramos, fogo de cobertura!

-Lucas, que hacemos con los portugueses?

-Eles estan preparados para isto, nos non. Rápido todo o mundo fora!

Todo o equipo retirouse rapidamente mentres o que fora un campamento parecía de repente a profundidade do bosque luso. A chegada á porta foi co tempo contado e xusto dez minutos antes de que a cerraran, apareceron os soldados pola outra beira.

Unha vez de volta en Santiago tocaba dar parte ao coronel e logo de darse unha ducha expres, Lucas partiu cara a Catedral, lugar onde ubicabase de forma provisional o cuartel xeral da cidade. Xunto á mesa de operacións esperaba o coronel Cortazar, cun xesto serío que permitía anticipar o contido da conversa.
                                                          
-Sargento es usted consciente de que la misión ha sido un autentico fracaso...

-Si señor, non sei que puido fallar, o perimetro estaba disposto.

-Bueno ya hablaremos de como casi echa a perder el mayor foco penísular de resistencia en campo enemigo por un mal perímetro cuando tenga tiempo, ahora tiene usted una nueva misión.

-Si señor!De que se trata?

-Necesito que se encargue de un tema muy delicado, puedo confiar en usted?

-Por suposto que si señor.

-Bien. Porque se trata de un tema de la Corona. La reina Leonor quiere regresar a España para dar apoyo moral a la tropa, así que preciso de un lugar seguro para alojarla, y cercano a Ferrol, cuanto menos tiempo pase en un vehículo mejor. Se le ocurre alguno?

-Pois non sei... Bueno unicamente que se refuxe en San Sadurniño, meu pobo natal. Non é moi grande pero esta alonxado das frontes, e conta cun avanzado sistema de detección de ameazas, ao estar situado nun val.

-Seguro que estará a salvo?

-Poderiamos utilizar o bunker de debaixo do concello, construiuse tralo altercado da central núclear das Pontes, para previr á poboación da radiación.

-Perfecto, ya solo queda que desembarque de la forma mas discreta posible.

-Se da o seu consentimento podería falar co alcalde de Ferrol, Pablo Suarez, é un bo amigo do instituto e confio nel.

-Hable con quien tenga que hablar, llegará a finales de febrero, preparelo todo.

-Partirei hoxe mesmo.

 Logo da reunión Lucas encheu a maleta con toda a roupa que puido e retirou algo de efectivo da caixa forte. Na rua esperaba un coche que o levaría a Ferrol, á casa da súa prima.

Cando chegou deuse conta de que súa prima non estaba pero recordou que gardaba as chaves debaixo do felpudo nunha caixiña oculta tras unha baldosa solta. Non lle gustaba entrar alí sen permiso, pero precisaba durmir un pouco para recobrar enerxía despois do que fora unha semana intensa.

Xa pola maña preparouse un café na cociña, deixoulle unha mensaxe á súa prima na terminal caseira e foise cara o concello a falar co seu vello amigo.                                                                    

-Que tal Pablo?!

-Carlos! Canto tempo. Como ti por aquí?

-Xa se sabe, os asuntos da guerra. Ontes na fronte ,hoxe en Ferrol e mañá quen sabe...

-Chegas no mellor momento, están próximas as festas e o torneo local de futbol, ó mellor o queres xogar?

-Por desgraza non veño de ocio senon por motivos de estado.

-E logo?

-Teño que pedirte un favor. Podo confiar en ti, preciso da máxima discreción.

-Claro que si, que pregunta é esa.

-Bueno pois mira, quería saber se poderías adiantar as festas ao 27 de febreiro, temos que descargar un cargamento segredo é canta mais xente reunades na festa mellor.

-Pufff.Non sei. É un pouco precipitado.

-Creeme que a misión o merece.

-Bueno, farei o que poida.

-Moitas grazas, chama a este número cando sepas mais.

-Pero non te quedas a comer na miña casa?

-Non podo, que teño que marchar, esperanme.

-Bueno... Estaremos en contacto.

O encontro fora moi breve e Lucas quería ter unha conversa co seu amigo para poñerse ó día pero o deber chamaba e tiña que ter todo disposto para a chegada da raiña.

Pasou semanas traballando, logo de visitar á pouca familia que lle quedaba alí, no seu pobo natal. Tras informar ao alcalde, nomeou un equipo de especialistas nos que confiaba para analizar a seguridade do bunker, asi como do doutor Santos, para analizar todos os viveres que entraban e se o aire era respirable nunha situación de peche total.

O día 27 pola noite chegou o barco a Ferrol. Pablo cumpriu coa súa promesa, e foi relativamente doado manter a discreción. O comboi que transportaba á raiña chegou a San Sadurniño ás doce da noite, mentres se celebraba un concerto do grupo local "Xa non saraiba", polo que a chegada pasou totalmente desapercibida.                                                        

-Maxestade. é un honor tela connosco de novo.

- Descanse sargento. Mi jefe de seguridad discutirá con usted los detalles del traslado, pero antes de nada quiero que me informe usted de la situación.

- Por onde comezar...

-Pues por el principio.

-Oviedo foi tomado, e as nosas forzas camiñan para Santander. A incursión en Portugal tivo resultado positivo malia o ataque enimigo, e a fronte de Leon mantense firme. Dentro do malo a situación é optimista.

-Entiendo...

-Pero me temo que non vamos poder cumprir os prazos marcados pola OTAN.Van tirar as bombas.

-No he podido hacer nada, es un voto en contra entre una marea de a favores. Pero no hay que resignarse, si tomamos Madrid antes del tres del 3 de Abril evitaremos el lanzamiento.

-Para iso esta vostede aquí non? Para dar animos e intentar cumplir cos prazos.

-Correcto. Así que desde mañana por la mañana nos pondremos a trabajar.

-Ás súas ordes maxestade!
                        
Como dixera a raiña, ao día seguinte puxeronse en marcha.O primeiro foi anunciar a súa presencia en Galicia, desatando unha euforia na poboación e no persoal militar que ninguen se imaxinaba, logo diso sucederonse conversas con altos mando, mitines, entrevistas televisias na única canle estantal e misións diplomaticas, ata que o día 2 de abril, practicamente a totalidade do exercito situabase ás portas de Madrid, gracias ás insurreccións simultaneas en Lisboa, Bilbao, Maiorca e o propio Madrid, que obrigaron ao ISIS  a diseminar as súas forzas. Sen embargo na sede da OTAN en Nova York, estabase a producir paralelamente unha reunión.

-We vote about advancing the launch of two nanobotic pumps to Granada and Napoles.( Votamos sobre si adiantamos o lanzamento das dúas bombas nanoboticas a Granda e Napoles)

-United Estates of America vote YES.

-La France votes OUI.

-Ireland votes YES.

-Italia voti NO.

-Australia votes YES.

-España vota NO.

-Belgique votes OUI.

-Canada votes YES.

-So the results are: six yes and two no.

Esa mesma noite as bombas acadaron o seu destino, destruindo toda a vida en 100 km ao redor e ampliando os efectos ata os 300 Km. Isto debilitou gravemente ao ISIS que foi perdendo terreo, pero tamén foi tomado como unha afrenta por Thomas Kroos, fhürer do 4º Reich, que decidiu doblar o investimento na bomba de nanobots, dando comezo así a unha guerra que ameaza con destruir a Terra.

Lucas enterouse da caida das bombas mentres dirixia o ataque a Madrid. O que provocaría a súa dimisión irrevocable trala conquista da que antes fora a capital de España.

Volveu a Galicia, á súa vila natal, buscando entre a espesura de eucaliptos o que anos atrás fora a casa familiar, coa intención de pasar alí unha vida de retiro e reflexión, vivindo dos cartos gañados no exercito e do cultivo nunha pequena leira a carón da casa en ruinas. Lucas morrera dous anos mais tarde froito da exposición a nanobots durante a súa estancia en Madrid.

Deixou o mundo incapaz de recoñecelo, pois cambiara tan rapidamente que apenas existían similitudes co da súa infancia. Un mundo sen esquelas no que anunciar o seu enterro, sen mais sobra que a que proporcionan os eucaliptos, e sen mais arrecendo que a fume núclear da central das Pontes... Pero tamén un mundo no que a diglosia non existe, a igualdade home-muller é total, os nanobots ofrecen novas posibilidades de arranxar os problemas mediambientais e a posibilidade de colonizar Marte está cada vez mais cerca. É un mundo con cousas boas e cousas non tan boas. Xa non parece tan diferente.

domingo, 3 de abril de 2016

Galería de meu

Con esta entrada poño punto e final ao ciclo cultural, que a pesaren de que ao principio o afrontei con certo receo, trouxo a min unha serie de experiencias moi enriquecedoras, que me ensinaron que existe outro mundo mais alá do cine comercial, independentemente de que te guste ou non, e que serviron pra coñecer un pouco mellor a miña historia familiar. É por iso que me costou atopar un tema sobre o cal falar, pois xa non encontraba unha nova via pola cal tirar. Ao final, e logo de pensar durante unha hora a lo menos, decidinme; ía falar sobre pintura. Non porque sexa eu un grande amante das artes plasticas, senon porque picabame moito a curiosidade de cales podían ser os mellores pintores que deu Galicia, e como serian as súas obras.

Para poder facer unha entrada partindo de cero, hay que informarse, e nesa busqueda de información atopei como primeira referencia unha paxina que me foi servindo como galeria do arte galego contemporaneo dende a casa, e como ali explicaran mellor os datos biograficos dos artistas, eu limitareime a escoller as obras que mais me gusten e expresar o que me transmitan.

Mariscadoras, José Ramón Iglesias
A obra do pintor coruñes e unha das miñas favoritas, pola sinxeleza das persoas que representa e o cotidiano das esceas, pero sobre todo polo xogo de cores e de luces e sombras, que fai que cada unha das súas obras, provoquen en min a sensación de placidez e de relaxación.

Torero a caballo, de José Ramón Iglesias



Irmandiños, Perico Castro Couto
A obra de Perico, autor de orixe Ferrolá, e moi divertida, pois xoga coa idea de miniatura medieval, dandolle unha perspectiva mais innovadora e enchendo as súas obras de cores que forman unha serie de contrastes que supoñen xunto coas formas que rodean as miniaturas, un impacto para o espectador.

Marina, Rafael Romero
Deste pintor tamén ferrolán, destacaria a maestría coa que reproduce as escenas maritimas, quizais teña que ver con que o seu estilo preferido sexa a acuarela, pero na miña opinión as súas pinturas sobre o mar transmiten a forza e a bravura do elemento, sendo diganas de mención.

Entre estaciones, Rosa Elvira Caamaño

Unha das miñas favoritas, polo contrario que o era Jose Ramón, se un xoga coa sinxeleza  a outra o fai co detallismo e a precisión, sobre todo na pintura ao oleo como sería a imaxe de arriba pero tamén no debuxo a lápiz, como na pintura inferior.

Restos de almuerzo, Rosa Elvira Caamaño
Combarro, Abelardo Miguel Lopez Leira
Quizais pola pinceada ou tal vez por estaren a maioria feitas en tela, as súas obras transmiten unha textura e un xogo de cores moi atractivos á vista do espectador.

Cadro de José Otero Aveledo, Lareixo
Pareceme importante nomear a este autor, pois ainda que non é do meu agrado, parece ser un dos pintores galegos mais importantes do século XX, representante das vangardas galegas na pintura, sendo influenciado polas correntes europeas e en especial medida polo seu admirado Picasso ( podese apreciar no cadro superior). Para obter mais información del e disfrutar dalgunha das súas obras podedes acceder a páxina da fundación Lareixo.

Para rematar quero facer fincapé no feito de que esta non é unha recopilación dos pintores galegos mais importantes, nin os mais influintes, é simplemente unha mostra de pintura galega, que por diferentes razóns causan en min unha serie de sensacións que me permiten mirar esas obras con admiración .