luns, 22 de febreiro de 2016

A quen Madruga, o rei de Portugal lle axuda

Esta entrada é a última do ciclo da rebeldía galega, e como rematar sen facer alusión a o episodio mais coñecido e no cal poden residir as bases dese suposto caracter modosiño dos galegos.Si.Estou a falar das revoltas irmandiñas.



No século XIV, a peste negra azotou con forza o vello continente, levandose por diante a un terzo da poboación europea. Na península Iberica a peor parte tocoulle á coroa de Aragon, que chegou a perder a metade dos habitantes. Isto provocou un estado de semi anarquia no que a miseria e a fame chegaban a todos os lugares e todos os estamentos. Os nobres, acostumados a manter un alto nivel de vida a partir dos impostos recaudados( na maioria dos casos en especie ) ao campesiñado, vense obrigados a buscar unha alternativa á redución de vasalos. Na maioría dos casos, no canto de permitiren unha maior flexibilidade nos impostos e nos prazos de entrega, endureceronos, tentando exprimir ao pouco vasalaxe que quedaba.

Imaxe dun grupo de médicos con máscaras propias da época

Froito deste abuso pola nobreza e en particular do fidalgo, Nuno Freire de Andrade "o Mao", nace en Betanzos a primeira irmandade, a irmandade Fusquenlla. Ao fronte de esta irmandade atopabase o ferrolan Roi Xordo, e as suas acción dirixianse contra os nobles, chegando a executalos en moitas ocasións obrigando a moitos a fuxir dos castelos. Sen embargo esta revolta foi rapidamente "controlada", e o seu lider executado.

Non obstante o clima de crispación no pobo galego non foi a mellor, e ao comprobar que os abusos dos nobres non só continuaban, senon que se vían acrecentados, a revolta irmandiña resurxiu de novo no ano 1467 e cuns efectivos de arredor de 80.000 homes, as irmandares levantaronse en armas e usurparon á nobreza o dominio do reino de Galicia, impoñendo as súas leis e a súa xustiza.

Mentres isto pasaba en Galicia, en Castela existía un vacio de poder que enfrentaba a Enrique IV e Alfonso XII. Enrique era apoiado pola cidadania, mentres que a nobreza, encabezada polo arzobispo Fonseca , Pedro Madruga ou Pardo de Cela, decantabanse por un rei mais permisivo ante as demandas e os abusos nobiliarios como era Alfonso XII. O triunfo irmandiño supuxo a fuxida de moitos destes nobres cara Castela e Portugal en busca de axuda.

Estatua de Fonseca no seu palacio de Santiago onde hoxe se atopa o campus universitario

 Os irmandiños destriron todos e cada un dos castelos dos nobres, como simbolo antifeudalista.Para facelo usaban dous metodos, un consistía en facer un oco na pedra e dende ese oco prenderlle lume á estructura de madeira, o outra baseabase en derribar unha por unha todalas pedras.

O Goberno irmandiño durou ate o ano 1469, cando un exercito comandado por Pedro Madruga (da casa de Soutomaior) e outro  comandado polo arzobispo Fonseca , entraban respectivamente por Portugal e Castela dispostos a poñer fin ao que sería un anticipo da revolución francesa. A superioridade numerica pero fundamentalmente técnica, fixose valer e os principais cabecillas da revolta: Diego de Lemos, Alonso de Lanzós e Pedro de Osorio, foron castigados.

A volta da nobreza supuxo un recrudecemento das concicións do campesiñado que non só tivo que contemplar impotente o regreso dos tiranos, senon que tivo que reconstruír unha por unha todalas fortalezas derruidas.

Paradoxicamente, pouco despois, eses nobres seran executados ou desterrados polos Reis Catolicos, en concordancia coa súa política de acumulación de poder real, e sustituídos por nobres casteláns fieis a Isabel. Pardo de Cela será o último en caer, facendose forte na fortaleza da Frouxeira, e sendo derrotado por mor dunha traizón. Por outra banda, Pedro Madruga desaparecera inexplicablemente, e fontes actuais apuntan a que podería ser a mesma persoa ca o Cristobal Colón que viaxará a America co consentimento e apoio da Coroa de Castela.

Retrato de Cristóbal Colón




Suposto retrato de Pedro Madruga



A anulación de tanto a nobreza como a plebe galega, dará comezo á etápa mais escura da historia de Galicia, da que comezará a saír culturalmente no século XIX da mán de Rosalía ,Curros e Pondal tras fracasaren previamente os intentos do pai Sarmiento ou do pai Feijo de revitalizar unha terra que tal e como pretendían os Reis Catolicos, atopabase domada e castrada.


DOCUMENTAIS
Aquí vos deixo un documental de historias de galicia que explica moi ben a revolta


E outro video acerca da historia de Pedro Madruga, que persoalmente pareceme moi interesante



sábado, 13 de febreiro de 2016

Que veñen os camisas azuis!

Nesta quenda de entradas, tocaba falar de episodios de rebeldía na sociedade galega. Na anterior entrada falei dun, moi soado, e relativamente coñecido como é o de María Pita. A súa historia daría como minimo para unha pelicula, en gran parte polo halo de lenda que a recobre.Pero non quería quedarme so nos episodios heroicos e pasionais, asi que recorrin a miña memoria en busca dalgun suceso que contar, mais de actualidade e no que os protagonistas non acadaran a fama a pesaren da valía dos seus actos. E buscando e buscando, recordei que miña nai me falaba en moitas ocasións de que en San Sadurniño eramos uns afortudos, xa que apenas existiran represalias durante a Guerra Civil, e todo iso gracias ao cura e o sarxento da Garda Civil. Por este motivo os escollín como exemplo de "rebeldes moderados".

O 22 de xullo de 1936, triunfaba en Ferrol o alzamento que comezara uns días antes en toda España. Como ocorreu na maioria de Galicia, o bando sublevado apenas encontrou resistencia na sociedade ferrolá, a escepción duns enfrontamentos polo control do arsenal e outros producidos contra os tripulantes dun dos acoirazados que se mativeron fieis á republica. Días despois, os obreiros que fuxiran de Ferrol rumbo a Cedeira, tentaban mediante un mitín no campo da feira, formar un bloque de resistencia en San Sadurniño, pero a entrada pouco despois dunha patrulla militar golpista, botou todo por terra. Esa mesma patrulla sería a encargada de cesar ao alcalde Vicente Castro Naveiras e impoñer como novo correxidor ó empresario sexaxenario Pelayo Casal Novo.

Fotografía do alcalde destituido Vicente Castro Naveiras

A orde normal dos acontecementos houbera sido que unha vez establecido o novo goberno municipal, comezasen a producirse os famosos "paseos" de todos os chamados "roxos" dentro da propia xerga golpista, pero isto non ocorreu así. Grazas aos esforzos dos parrocos de San Sadurniño e Igrexafeita (Daniel Porto e Manuel Gesto Iglesias), así como os do sarxento da Garda Civil, Juan Rodriguez Rabanal, o numero de represaliados no pobo é practicamente de 0.

O parroco de San Sadurniño, Daniel Porto


Segundo testimonios de persoas que chegaron a mín a traves da miña nai, cando se ía producir unha redada, o propio sarxento , recorría porta por porta as casas dos aspirantes a "paseados" avisandoos de que fuxiran ao monte ou que se esconderan ata que pasara o perigo.

Pero co fin de achegar mais detalles sobre a situación, deixovos unha entrevista a unha persoa que aínda que moi pequena viviu na súa pel os sucesos de xullo do 36 e detalla bastante ben a situación antes do golpe e o medo durante a guerra asi como o caso especial de San Sadurniño.




Esta xente non é senon a constación de que independentemente do bando ou da ideoloxía, a decisión ultíma recae nas persoas.Por desgraza este caso goza dunha excepcionalidade dentro do contexto da Guerra Civil e probablemente derive tamén da escaseza de atentados anticlericais existentes no lugar, polo que o rencor acumulado por esa banda era moito menor que en outros lugares de España ou da mesma ferrolterra.


CURIOSIDADE 
Mentres achegaba información sobre estes sucesos, descubrin que o alcalde Pelayo Casal, tiña o seu negocio e a súa residencia particular ubiacada na casa onde hoxe, reside un curmán meu e antes residira a seu pai, irmán da miña avoa.

Cantas veces teremos que dicir, Nunca Mais?

De novo en colaboración co blog Galiciémonos, elaboramos un vidio documental que intenta explicar un pouco en que consistía o movemento cidadá, surxido no ano 2002 como resposta á incompetencia política durante o desastre do Prestidge. Espero que vos guste...