domingo, 6 de marzo de 2016

Abrindo a mente


A semana pasada decidimos de forma democrática a temática que iamos tratar durante o mes seguinte. Sorprendentemente bastou cunha votación para chegar a unha conclusión.O tema a tratar sería a cultura galega. Dende o primeiro momento mostreime reacio a este tema, dado que non sabía moi ben como abordalo, pero ante a obrigación de maquinar catro entradas, non me quedaba mais que buscar información.

As primeiras clases foron encamiñadas pola rama do cine e coa intención de deixar a un lado o meu escepticismo a cerca das novas correntes cinematográficas, acadei a información necesaria de internet para facerme unha idea xeral, co obxetivo de comprender mellor as obras, que nun primeiro intre parecíanme aburridas e sinxelas.

A miña busqueda atopa un "atranco" moi pronto.Despois de escudriñar a rede na procura de información sobre as tendencias actuais para comprendelas, non atopei senon analises que pouco me esclarecian.Por iso decidín centrarme nos autores galegos e a traves deles achegar a ansiada comprensión do cine de vangarda.O primeiro que me veu á mente foi Lois Patiño, por teren saido na clase, e como o seu filme mais representativo era "Costa da Morte", decidin botarlle unha ollada. Por desgraza ou por ineptitude á hora de navegar en internet, non conseguin atopar unha páxina na que ver o filme, pero no You Tube  atopei unha serie de vidios que espertaron en mín un sentimento que nunca antes tivera cara ese cine.Escoitar falar ao autor do porqué da súa obra resulta tremendamente esclarecedor, e por iso unha entrevista levoume a outra e despois ó trailer e despois a un dos seus referentes norteamericanos(James Benning)...

Debido a este "atranco", decidín cambiar o enfoque da miña entrada, que vai mais encamiñada a unha tarefa case imposible, que consiste en analizar unha obra cinematográfica sen vela previamente, baseandome so nas palabras do autor e en anacos, trailers ou pezas dos seus principais influintes.

A miña impresión é que na película, plasmase perfectamente a idea que ten el dunha paisaxe. Para Lois as paisaxes son como estratos de tempo que ocorren nun mesmo espazo, e é por iso que non move a cámara e toma imáxes panorámicas que dan lugar a impresionantes escenas. Tamén esa concepción de paisaxe condiciona a duración dos planos (excesiva para un consumidor de cine comercial coma mín), xa que cantos mais estratos se capten mais matices ten a imaxe. Amais diso, xoga con dúas realidades diferentes xa que a pesaren de que a imaxe esta tomada dende unha posición alta  o son o percibimos  dende moi cerca, sentindo a respiración e as voces das persoas que aparecen.Con isto intenta dar un sentimento de vida á paisaxe, humanizandoa.

A grandes rasgos este é o porque de como esta feita a pelicula, ou polo menos o que eu puiden extraer. É para mín o verdadeiramente importante, mais alá das historias que contan na pelicula sobre a Guerra Civil ou os naufraxios, porque é o que a fai especial.

Pero o realmente importante desta experiencia, é que me serviu para abrir a miña mente ante a posibilidade dunha forma diferente de facer cine, que ao igual que ocorre coa pintura ou a literatura non se centra tanto en vender e vender, senon que busca transmitir unha idea, facer reflexionar e provocar un esforzo no espectador que xa non se limita a pagar e olvidar senon que se adentra no mundo do autor.Xa so me queda unha cousa por facer.VER A PELÍCULA.

Lois Patiño




Ningún comentario:

Publicar un comentario